O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, reuniuse coa Mesa de representantes de Asociacións de Pais e Nais para abordar medidas para mellorar a educación en España. No encontro tamén participaron a directora xeral do Gabinete do Ministro, Isabel Aymerich, a directora xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, Rosa Peñalver, o subdirector xeral de Alumnos, Participación e Igualdade, Mariano Labarta, Pedro Rascón de CEAPA, e Luis Carbonell, José Manuel Martinez Vega e Olimpia García Calvo de CONCAPA.