O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu hoxe xunto ao alcalde de Getafe, Pedro Castro, unha homenaxe aos mestres de centros públicos de Getafe que se xubilan este ano. Nun emotivo acto, 24 profesores (un deles a título póstumo) recibiron unha placa conmemorativa despois de dedicar entre 25 e 55 anos ao exercicio da docencia.
Durante o seu discurso, Gabilondo reclamou que "se fale ben dos mestres "e lembrou que "non hai un manual de instrucións para ensinar ben" pero sábese que "sempre se aprende preto de alguén".
Discurso do ministro de Educación 