Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Ángel Gabilondo participa na celebración do Día do Español

19 de xuño de 2010

Ver imaxe en alta resolución. Gabilondo e Caffarel celebran o día do Español.


O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, participou no acto de celebración do Día do Español organizado polo Instituto Cervantes. Durante este día a comunidade de hispanofalantes festexa que o español é unha lingua falada por máis de 450 millóns de persoas, e que segue estendendose por todo o mundo. 70 centros que o Instituto Cervantes ten en 42 países dos cinco continentes sumáronse a esta xornada de conmemoración coa realización de máis de 300 actividades culturais durante esta segunda edición do Día do Español.

Durante os actos conmemorativos, Gabilondo afirmou que a súa palabra favorita nesta lingua é "grazas", a cal animou a usar con máis frecuencia. Ademais, subliñou que o castelán é unha lingua "plural, mestiza e aberta, que convive coas demais, é un idioma de acollida e non de imperio".

No acto tamén estivo presente a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.

Galería fotográfica undefined

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles