O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, reuniuse hoxe en Madrid co presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Públicas Españolas, Joaquín Moya-Angeler.
Ao encontro, celebrado na sede do Ministerio de Educación en Madrid, tamén acudiu o comité executivo da Conferencia, cuxo obxectivo é promover a colaboración entre os distintos consellos sociais existentes en España, así como fomentar as relacións entre as universidades e a sociedade.