Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

A Educación obxectivo prioritario da Estratexia Europa 2020

18 de xuño de 2010

Será o eixe central para o crecemento e o emprego nos vindeiros 10 anos.

  • Así ratificárono os xefes de Estado e de Goberno da UE durante o último Consello Europeo celebrado baixo a Presidencia española
  • Reducir o abandono escolar a menos do 10 por cento, e conseguir que polo menos o 40 por cento da poboación de entre 30 e 34 anos finalice os seus estudos de formación superior ou equivalente son os dous eixes prioritarios dos obxectivos educativos europeos

Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea incluíron, por primeira vez na historia, á Educación como un dos cinco obxectivos prioritarios para conseguir unha saída sostible da crise e para o cambio de modelo que se ten que producir na próxima década en todos os países membros.

Ademais, o Consello Europeo cuantificou os obxectivos educativos a conseguir pola Unión Europea para mellorar os niveis de educación:

  1. No ano 2020 a Unión Europea deberá reducir o abandono escolar a menos dun 10 por cento.
  2. Polo menos o 40 por cento da poboación de entre 30 e 34 anos deberá finalizar os seus estudos de formación superior ou equivalente.

O acordo acadado polos xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea responde ao labor realizado durante os últimos seis meses polo presidente de quenda do Consello de Ministros de Educación da UE, Ángel Gabilondo, que desde a primeira reunión, celebrada a principios de ano, veu traballando para conseguir o acordo dos 27 países membros e da Comisión.

O Ministerio de Educación comparte cos seus socios comunitarios a satisfacción por conseguir converter a Educación nun dos motores do crecemento económico e do emprego desde o cambio de modelo que require a crise para a próxima década.

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles