Celébrase en Guadalaxara, México
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, interveu no acto de clausura do II Encontro Internacional de Reitores Universia que tivo lugar en Guadalaxara, México.
Baixo o lema "Por un espazo iberoamericano do coñecemento socialmente responsable", case 1.000 reitores e 72 delegacións doutras universidades participaron neste simposio centrado en analizar o papel da Universidade e as posibles respostas que estas poden dar ás necesidades e demandas da sociedade.
Nas diferentes sesións de traballo abordáronse asuntos como "A internacionalización e cooperación universitaria", "A mobilidade universitaria", ou "A Educación Superior e o coñecemento como factores de inclusión e cohesión social".
Máis información sobre o II Encontro Internacional de Reitores Universia 