Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O secretario xeral de Universidades participa na reunión da Comisión Executiva do VIII Centenario da Universidade de Salamanca

09 de xuño de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, participou na reunión da Comisión Executiva da Conmemoración do VIII Centenario da fundación da Universidade de Salamanca.

Na reunión abordáronse os seguintes temas: presentación dos novos vocais da Comisión; aprobación, se procede, da acta da sesión do 1 de decembro; presentación, organización e funcións da nova estrutura da Oficina do VIII CENTENARIO Salamanca 2018; exposición, por parte dun representante da Universidade, da estratexia prevista para acadar os obxectivos do proxecto conmemorativo do VIII Centenario da Universidade de Salamanca; aprobación do regulamento de funcionamento interno da Comisión Executiva; seguimento dos acordos adoptados na sesión do 1 de decembro.

A Comisión Executiva tamén contou coa asistencia de José Eugenio Salarich, presidente do Consello de administración da Sociedade Estatal para Exposicións Internacionais (SEEI); Carlos Palomeque, director da Oficina do VIII CENTENARIO; Nélida Jiménez Molina, vocal asesora da Subsecretaría do Ministerio de Economía e Facenda; Fernando Flores, secretario xeral técnico do Ministerio de Presidencia; José Manuel Fernández de Labastida, director xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+I do Ministerio de Ciencia e Innovación; Fernando J. Rodríguez, 2º tenente de alcalde do Concello de Salamanca; Alberto Gutiérrez Alberca, viceconselleiro de Cultura da Xunta de Castela e León; e Concepción Grau, directora do Gabinete do Secretario Xeral de Universidades e secretaria da comisión.

Así mesmo, asistiron como convidados o reitor, Daniel Hernández Ruipérez; Concha Toquero, apoderada e directora de Relacións Institucionais da SEEI; e Julio Cordero, director adxunto da Oficina do VIII CENTENARIO.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles