Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O Ministerio de Educación levará a cabo os obxectivos do Pacto Educativo

06 de maio de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, corroborou hoxe o compromiso de levar adiante os obxectivos do Pacto Social e Político pola Educación contando con todos os axentes sociais e educativos que o apoian. O Ministerio convocará dentro deste mesmo mes á Conferencia Sectorial de Educación, a Mesa Sectorial da Ensino Público, a Mesa Sectorial do Ensino Concertado e a Mesa de Asociacións de Pais e Nais para converter o amplo consenso detectado en accións inmediatas que melloren a calidade da educación en España. Farao "porque o país ten a forza e as institucións necesarias para impulsar estes obxectivos".

O ministro reafirmou tamén o compromiso de destinar 1.570 millóns de euros á posta en marcha dos 12 obxectivos que vertebran o Pacto e recalcou: "Seguiremos traballando polo Pacto porque a sociedade quere consensos". "Saiban vostedes que o compromiso é o compromiso cos cidadáns e cidadás, o compromiso co país e co futuro do país e isto hoxe confirmámolo publicamente. Imos traballar", dixo, agradecendo o esforzo dos participantes nas negociacións ao longo destes meses e de todos os que traballan pola educación en España desde hai anos.
 

Audio coas declaracións do Ministro de Educación 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles