Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Ángel Gabilondo presenta o Proxecto de Real decreto por que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior

18 de maio de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu unha reunión do Comité para a definición do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), durante a cal se presentou o Proxecto de Real decreto por que se fixan os parámetros necesarios que permitan acadar un marco comprensivo de cualificacións a nivel europeo.

O texto constitúese sobre a base dunha estrutura de catro niveis: ciclo curto do Ensino Superior, Grado, Máster, e Doutor. O obxectivo é situar as persoas segundo o seu nivel de aprendizaxe adquirida e certificado no marco español e, pola súa parte, no espazo europeo de Educación Superior.

Coa reunión de hoxe puxose fin á etapa de consultas previas, a partir da que se remite o texto aos órganos consultivos pertinentes, entre eles, a Conferencia Xeral de Política Universitaria e o Consello de Universidades, para que continue o proceso que permita dotar noso sistema educativo dun Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles