Acto enmarcado na Presidencia Española da UE
O Ministerio de Educación e o Concello de León organizan o programa "A Europa que Educa" que se desenvolverá na cidade castelá-leonesa do 13 ao 16 de maio, e que contará coa presenza do ministro Ángel Gabilondo.
A lectura, o teatro, a ilustración, a ciencia e a conciencia cívica son os piares sobre os que se deseñou este proxecto que se enmarca nos actos da Presidencia Española da Unión Europea. Nel participan diferentes Ministerios, institucións como o Instituto Cervantes ou o Consello Superior de Investigacións Científicas, ONG, etc.
Todos os actos do Festival "A Europa que Educa" buscan resaltar a importancia crucial que ten a Educación na construción de Europa.