Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

actualidade

Conclusións do XX Encontro de Consellos Escolares Autonómicos e do Estado

10 de maio de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O XX Encontro de Consellos Escolares Autonómicos e do Estado, que tivo lugar en Toledo durante a semana pasada, presentou as súas conclusións definitivas. Entre elllas, destaca a defensa dunha maior autonomía dos centros como factor de calidade.

Estas xornadas, que foron inauguradas polo ministro de Educación, Ángel Gabilondo, o pasado cinco de maio, abordaron durante tres días a importancia de aumentar a autonomía dos centros como elemento de dinamización, de corresponsabilidade e de participación.

Os Consellos Escolares consideran que os principais obxectivos son a calidade e a equidade e, en consecuencia, fixéronse as seguintes propostas para acadaros:

  1. A autonomía é inseparable da avaliación e da rendición de contas. É importante promover a cultura da avaliación interna e externa do alumnado, do profesorado, dos equipos directivos, dos proxectos e dos centros escolares no seu conxunto, tendo en conta as variables socioeconómicas e culturais, como instrumento de mellora e de responsabilidade.
  2. As Administracións educativas deben informar os centros sobre os indicadores que se empregarán no proceso de avaliación. Así mesmo, os resultados das avaliacións externas deberán ser trasladados aos consellos escolares para o seu coñecemento, análise e elaboración dos correspondentes Plans de Mellora.
  3. O liderado, que consideramos básico, debe concibirse participativo e motivador e as Administracións educativas deberán adoptar iniciativas que fagan da dirección escolar unha función eficiente e atractiva.
  4. A evidencia dispoñible sinala que a participación da comunidade educativa constitúe un factor clave de calidade que fai da maior autonomía un factor eficaz de mellora. En consecuencia debe promoverse a cooperación entre as familias e os centros educativos coa subscrición de acordos e compromisos recíprocos. As administracións proporcionarán os medios persoais e materiais que respondan ás necesidades detectadas e ao compromiso de avaliación das actuacións emprendidas.

O documento que recolle estas propostas será remitido ao Ministerio de Educación e ás Administracións educativas.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles