O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asistiu esta mañá en Santander á sinatura do convenio por que o Centro Internacional de Estudios Superiores del Español (CIESE) da Fundación Comillas queda adscrito á Universidade de Cantabria (UC). O acto desenvolveuse no paraninfo desta universidade e en presenza do presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.
O convenio dá oficialidade aos títulos do CIESE, centro que vertebrará o Campus Internacional de Lingua e Patrimonio, un dos eixes estratéxicos do Campus de Excelencia Internacional outorgada á Universidade de Cantabria.
Gabilondo tamén visitou o campus de Torrelavega da UC, onde inaugurou a Escola Universitaria de Fisioterapia Gimbernat-Cantabria.