Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Celébrase o curso “A conservación do Patrimonio Bibliográfico e Didáctico nas bibliotecas escolares en IES con fondos históricos"

06 de maio de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

A directora xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, Rosa Peñalver, inaugurou o curso "A Conservación do Patrimonio Bibliográfico e Didáctico nas bibliotecas escolares en IES con fondos históricos" que tivo lugar na Biblioteca Nacional.

Na xornada participaron 30 profesores con responsabilidades nas bibliotecas de Institutos de Educación Secundaria (IES) cun patrimonio bibliográfico de interese histórico. Están representados centros de 15 Comunidades Autónomas.

A organización deste curso responde ao interese do Ministerio de Educación por protexer e conservar este material. Para enriquecer o encontro contouse coa colaboración da Biblioteca Nacional.

O apoio á preservación dos fondos documentais e bibliográficos é unha actuación de apoio aos IES con patrimonio educativo que se arbitrou desde o Ministerio de Educación e que se enmarca nunha política máis ampla de recoñecemento e apoio que estes centros deben recibir desde as administracións educativas.

Os centros que participaron no curso foron:

  • ANDALUCÍA
    • Cádiz: IES Columela
    • Córdoba: IES Luis de Góngora
    • Huelva: IES La Rábida
    • Xaén: IES Santísima Trinidad. Baeza
    • Málaga: IES Pedro Espinosa. Antequera
    • Sevilla: IES San Isidoro de Sevilla. Sevilla
  • ARAGÓN
    • Huesca: IES Ramón y Cajal
  • BALEARES
    • IES Joan Ramis Ramis. Mahón
    • IES Ramón Llull. Palma
  • AS CANARIAS
    • IES Cabrera Pinta. La Laguna. Tenerife
  • CASTELA E LEÓN
    • Burgos: IES Conde Diego Porcelos
    • León: IES Padre Isla
    • Valladolid: IES Zorrilla
    • Palencia: IES Jorge Manrique
  • CASTELA-A MANCHA
    • Albacete: IES Bachiller Sabuco
    • Cidade Real: IES Juan de Ávila
    • Guadalaxara: IES Brianda de Mendoza
    • Toledo: IES El Greco
  • CATALUÑA
    • Barcelona: IES Balmes
  • COMUNIDADE. VALENCIANA
    • Alacante: IES Jorge Juan
  • ESTREMADURA
    • Badaxoz:IES Bárbara de Braganza, IES Castelar
    • Cáceres: IES El Brocense
  • GALICIA
    • A Coruña: IES Salvador de Madariaga
    • Ourense: IES Celanova
  • A RIOXA
    • Logroño: IES Práxedes Mateo Sagasta
  • MADRID
    • IES Cardenal Cisneros
  • MURCIA
    • Murcia: IES Alfonso X El Sabio
  • NAVARRA
    • Pamplona: IES Plaza de la Cruz
  • PAÍS VASCO
    • Bilbao: IES Martín de Bertendona

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles