O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, interveu hoxe no Foro Joly que tivo lugar en Málaga. Durante o acto destacou o papel fundamental da Educación como motor do desenvolvemento de todas as sociedades e, en especial, a importancia que ten a Universidade como "axente clave na consolidación dunha economía sostible e responsable".
Ademais, Gabilondo, fixo fincapé no esforzo que está facendo o Goberno nestes tempos de inestabilidade económica para manter o investimento público en Educación, "proba diso - dixo - é a aposta decidida polas bolsas, que suporán no curso 2010-2011 un investimento total de 1.203 millóns de euros e un aumento dun 3,5%".