A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, asistiu ao acto de inauguración da XI edición das Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas (TECNIMAP), que foi presidido pola vicepresidenta Primeira do Goberno de España, Mª Teresa Fernández de la Vega. Tamén participaron o presidente de Aragón, Marcelino Iglesias e o alcalde de Zaragoza, Juan Alberto Belloch.
Estas Xornadas son unha referencia no sector das TIC aplicadas ás Administracións Públicas e teñen unha ampla repercusión con máis de 150 empresas, 70 Administracións representadas, máis de 300 comunicacións e preto de 10.000 profesionais asistentes na última edición.
De la Vega, Iglesias, Almunia e Belloch visitaron o posto do Ministerio de Educación, que está dedicado ao programa Escola 2.0.