A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), apoiada pola UNESCO, está organizada pola Campaña Mundial pola Educación (CME).
A Campaña Mundial pola Educación, fundada en 1999, promove a educación como un dereito humano básico e está impulsada pola convicción de que unha educación de calidade para todos é alcanzable e pola preocupación polo enorme custo social nos países que carecen dela. Reúne organizacións non gobernamentais e sindicatos de educación en máis de cento cincuenta países do mundo, polo que conta cunha capacidade singular de mobilización da sociedade civil.
A Semana de Acción Mundial pola Educación, que se organiza anualmente desde 2001, é unha semana de mobilización cidadá, fundamentalmente de nenos, nenas e mozos, que pretende achegar as reivindicacións da Campaña á sociedade en xeral e aos responsables políticos de cada país e chamar a súa atención sobre a necesidade de facer real o dereito a unha educación básica de calidade. Celébrase todos os anos na última semana de abril, coincidindo coa data en que tivo lugar a sinatura da Cimeira de Dakar no ano 2000. Aínda que as principais actividades da SAME teñen lugar durante o mes de abril, en realidade realízase un traballo continuado ao longo do ano, especialmente nos colexios.
Considerando o anterior, a Comisión Xeral da Conferencia de Educación acorda: