Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Conclúe a Reunión Informal de Ministros de Educación

14 de abril de 2010

Gabilondo: "Por primeira vez Europa escríbese con E de Educación"

Ver imaxe en alta resolución. Rolda de prensa ao termo do RIM.

O ministro de Educación de España, Ángel Gabilondo, afirmou que "por primeira vez Europa escríbese con E de Educación" na rolda de prensa posterior á segunda xornada da Reunión Informal de ministros de Educación da Unión Europea que tivo lugar en Madrid.

Na comparecencia ante os medios Gabilondo, que interveu xunto á comisaria europea de Educación, Cultura, Mocidade e Multilingüismo, Androulla Vassiliou, destacou as principais conclusións da cimeira ministerial: reducir o abandono escolar e aumentar o número de titulados superiores.

Ambas as dúas prioridades enmárcanse na decisión do Consello Europeo do mes de marzo en que se acordou que a Educación debe ser unha das liñas fundamentais de actuación da Estratexia Europa 2020.

A Presidencia Española incorporou ao debate a importancia da dimensión social da educación, a súa relevancia como elemento fundamental para conseguir unha recuperación económica ordenada e sostible, que dea paso a un modelo de crecemento baseado no coñecemento e na igualdade de oportunidades.

Audio da rolda de prensa

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles