Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Ángel Gabilondo clausura unhas xornadas sobre a internacionalización da Educación Superior

20 de abril de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, clausurou hoxe unhas xornadas sobre "A internacionalización da Educación Superior. Un exercicio de prospectiva para máis alá de 2020" celebradas na Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid. O obxectivo principal deste encontro, que se enmarca dentro dos actos que están tendo lugar con motivo da Presidencia española da UE, foi promover un diálogo reforzado entre as universidades de diferentes partes do mundo sobre a cooperación internacional impulsando unha estratexia comunitaria ao respecto.

Ao acto de clausura tamén asistiron Jan Truszczynski, Director Xeral Adxunto de Educación e Cultura da Comisión Europea, Carlos Berzosa, Reitor da Universidade Complutense de Madrid, e Ángel Nogales Espert, Decano da Facultade de Medicina.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles