Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O Ministerio de Educación organiza unha conferencia sobre aprendizaxe ao longo da vida

20 de abril de 2010

A Universidade de Córdoba acollerá entre os días 21 e 23 de abril a conferencia "Coordinación de recursos para a aprendizaxe ao longo da vida nos países europeos", organizada polo Ministerio de Educación de España e o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE). O evento conta coa colaboración da Federación Española de Universidades Populares (FEUP), a Federación de Asociacións de Educación de Persoas Adultas (FAEA), a Universidade de Córdoba e do Concello desta cidade.

A Conferencia permitirá celebrar o X aniversario do Programa Grundtvig (educación para adultos) e impulsar as actividades de formación durante toda a vida entre a cidadanía nova e adulta, así como facilitar o intercambio de experiencias entre profesionais da Unión Europea. A Córdoba asistirán representantes de máximo nivel da Comisión Europea e doutras administracións e organismos.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles