Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Eva Almunia inaugura o I Congreso SM de Educación

29 de abril de 2010

A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, inaugurou esta mañá o I Congreso SM da Educación que organiza a Fundación SM e que leva por título "Conectado á Educación do futuro ".

Durante o seu discurso de apertura, Eva Almunia, defendeu a necesidade de apostar por un Pacto Social e Político pola Educación que sirva de "ferramenta" para dotar de "estabilidade" ao sistema educativo español. "Sería un erro para calquera institución ou organización que queira traballar pola educación neste país dar de baixase dun futuro que xa está escrito", advertiu.

Ademais, durante a súa intervención, Almunia defendeu a integración e completo desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) en todos os colexios porque "temos a obriga de modernizar a educación e o sistema educativo para que este responda aos retos do século XXI". Para cumprir con este obxectivo lembrou que, desde hai un ano, en España está en funcionamento o Plan Escola 2.0, unha das grandes apostas do Goberno para fomentar o uso das TIC nos centros educativos.
 

Discurso íntegro

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles