Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Eva Almunia modera unha mesa sobre eficacia e sosteniblidad en Tecnoloxías da Información para a Administración Pública

08 de abril de 2010

A Secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, moderou hoxe en Zaragoza a mesa de debate "Iniciativas e resultados sectoriais: eficacia e sostibilidade" dentro das Xornadas TECNIMAP 2010, dedicadas ás Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas.

Na mesa participaron a conselleira de Educación do Goberno de Aragón, Victoria Broto; o director xeral de Modernización da Administración de Xustiza do Ministerio de Xustiza, José de la Mata; o director xeral da Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade e Política Social, Pablo Rivero; e a subdirectora xeral dos Sistemas de Información e Comunicacións para a Seguridade do Ministerio do Interior, Alicia Álvarez.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles