Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O ministro de Educación no acto de presentación da Fundación Universidad.es

24 de marzo de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, participou este mércores no acto de presentación da Fundación Universidad.esque tivo lugar na Casa de América. No acto estiveron tamén presentes o secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, o secretario de Estado de Asuntos Exteriores, Ángel Lossada, e a directora da Fundación Mónica Margarit.

A Fundación Universidad.es foi creada polo Goberno español para proxectar a imaxe das universidades españolas no mundo. Entre os seus obxectivos está atraer estudantes, profesores, investigadores e empresas ao sistema universitario español e promover a mobilidade dos nosos alumnos e investigadores cara ao estranxeiro. Así mesmo, pretende aumentar os proxectos educativos transnacionais liderados por universidades españolas.

Pola súa banda, Màrius Rubiralta, Ángel Lossada e Mónica Margarit, ofreceron unha rolda de prensa no Palacio de Viana para presentar aos medios de comunicación a Fundación Universidad.es. 

Acceso á web da Fundación Universidad.es  

 

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles