Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O Ministro de Educación e a Ministra de Ciencia e Innovación na mesa redonda "Mulleres e ciencia. 100 anos na Universidade "

09 de marzo de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, participaron hoxe na mesa redonda "Mulleres e Ciencia. 100 anos na Universidade ". Esta actividade, organizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para celebrar o Día Internacional da Muller, coincide co centenario da publicación da Real Orde que permitiu a "admisión de mulleres en todos os establecementos docentes" en España. Este ano tamén se conmemora a creación dos primeiros centros da Xunta de Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE), organismo que impulsou o desenvolvemento científico moderno en España.

A mesa redonda estivo moderada por Inés Sánchez de Madariaga, directora da Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación, e contou coa participación da investigadora do Instituto de Ciencia de Materiais do CSIC e presidenta da Comisión de Mulleres e Ciencia, Pilar López Sancho; a investigadora do CSIC no Instituto de Neurociencias, María Domínguez; a avogada do Estado e directora xeral de Infraestruturas do Consello Superior de Deportes, Matilde García Duarte; e a catedrática de Filosofía Moral e Política da UNED, Amalia Valcárcel.

Lea as palabras de Ángel Gabilondo na mesa redonda
 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles