Posteriormente pronunciou unha conferencia no Instituto Cervantes da cidade italiana
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, percorreu as instalacións do Liceo Español "Cervantes" de Roma. Posteriormente reuniuse coa dirección do centro e mantivo un encontro con profesores.
Este liceo pertence á Rede no Exterior do Ministerio de Educación que conta cun total de 611 centros en 48 países, en que imparten clase máis de 6.400 docentes e estudan case 69.000 alumnos.
Pola tarde, o ministro de Educación pronunción a conferencia "A palabra e a educación" no Instituto Cervantes da cidade romana.