O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou o Real decreto que regula os requisitos mínimos dos centros de ensinanzas artísticas reguladas pola LOE.
A filosofía deste Real decreto é conseguir centros educativos de calidade, sostibles e seguros, onde as novas tecnoloxías estean presentes.
Con respecto á regulación anterior un cambio na ratio profesor-alumnos nas ensinanzas artísticas superiores de conservación e restauración de bens culturais: xa non se distinguen as ratios por cursos, senón por materias prácticas, que terán unha ratio dun profesor por cada dez alumnos, ou teóricas, cunha relación dun profesor por cada 20 alumnos.
No referente á titulación, hai cambios na formación pedagóxica e didáctica do profesorado. En concreto, deberán ter un título de master. Ademais, no caso de que o centro de ensinanzas artísticas superiores ofreza títulos de máster, esíxese que polo menos un 15 por cento do profesorado que vaia impartir os devanditos estudos teña o título de doutor.
O cambio de normativa vén esixido por dous tipos de razóns. Primeiro, a realidade dos centros docentes dista moito da vivida no ano 1992, cando era necesaria unha reforma ambiciosa que establecese, por primeira vez, uns requisitos mínimos que todos os centros docentes debían cumprir. Este avance logrouse grazas ao anterior real decreto e grazas tamén ao investimento e vixilancia das CCAA.
Segundo, tamén evolucionou o Estado das autonomías e as técnicas normativas. Agora, como lexisladores básicos hai que regular os aspectos comúns que logo desenvolverán as CCAA; facero dun xeito conforme ao Dereito Europeo e incluíndo as referencias á normativa vixente, por exemplo, ao Código Técnico da Edificación.