Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O Ministerio de Educación e a OCDE asinan convenios con cinco organizacións universitarias para impulsar programas de prácticas para estudantes de máster e doutoramento

23 de febreiro de 2010

Màrius Rubiralta subscribe os convenios

Ver imaxe en alta resolución. .

O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta e o secretario xeral da OCDE, Ángel Gurría, asinaron cinco acordos con distintas organizacións e entidades universitarias para fomentar programas de prácticas para estudantes de máster e doutoramento, nun acto en que tamén estivo presente a Representante Permanente de España ante a OCDE, Cristina Narbona.

Os acordos subscribíronse con Carlos Berzosa, reitor da Universidade Complutense, Pedro González-Trevijano, reitor da Universidade Rey Juan Carlos, Daniel Peña, reitor da Universidade Carlos III, Antoni Millet, director do Centro de Estudos Internacionais de Barcelona, e Eduard Vallory, director xeral do Graduate School of Economic.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles