Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Ministerio de Educación e o CERMI impulsan a contratación pública de persoas con discapacidade

16 de febreiro de 2010

Ambas as dúas entidades asinaron un convenio de colaboración

Ver imaxe en alta resolución. Ángel Gabilondo e Luis Cayo Pérez Bueno asinan o convenio de impulso á contratación de persoas con discapacidade.
  • O protocolo de actuación asinado hoxe inclúe a constitución dun grupo de traballo e medidas de aplicación directa e inmediata na contratación pública do Ministerio
  • O convenio aposta pola dimensión social da contratación pública e asínase no marco do Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social

Audio coa intervención do Ministro de Educación e do presidente do CERMI 

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e o presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, asinaron un convenio de colaboración que introduce un conxunto de boas prácticas administrativas para fomentar a contratación pública e o emprego de persoas con discapacidade no Departamento.

O acordo supón polo tanto un paso adiante no establecemento de políticas activas de inclusión social. Trátase do terceiro convenio destas características que se asina no ámbito da Administración Xeral do Estado tras os subscritos cos ministerios de Defensa e de Fomento. Os compromisos acadados concrétanse en:

  • A constitución dun grupo de traballo integrado por representantes do Departamento e do CERMI que vai estudar e propor medidas, prácticas e criterios que permitan unha maior incorporación dos traballadores con discapacidade ao mercado laboral. Este grupo de traballo integrarano de forma paritaria membros do Ministerio de Educación e do CERMI
  • Doutra banda, adóptanse unha serie de medidas de aplicación directa na contratación administrativa que terán efectos inmediatos, entre outras, a esixencia aos empresarios que conten con 50 ou máis traballadores que acrediten o requisito legal de empregar polo menos, ao 2 por cento de traballadores con discapacidade. Tamén se inclúe a utilización como criterio de desempate a empresas que teñan no seu cadro de persoal unha porcentaxe de persoas con discapacidade superior ao 2 por 100.


Con esta e outras iniciativas que xurdan do grupo de traballo perséguese facilitar e favorecer unha mellor e maior contratación de persoas con discapacidade. O convenio constitúe unha aposta pola dimensión social da contratación pública e asínase no marco do Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Ademais, preténdese fomentar como vía exemplificadora, a implantación destas medidas no ámbito de actuación doutros Ministerios e outras Administracións Públicas.
cúmprese así co mandato constitucional dos Poderes Públicos de impulsar medidas que contribúan a integrar os sectores máis vulnerables da sociedade.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles