Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O ministro de Educación intervén na última xornada do VII Congreso de Educación Superior “Universidade 2010”

11 de febreiro de 2010

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, interveu o pasado martes na Habana na última xornada do VII Congreso de Educación Superior "Universidade 2010" co relatorio "A cooperación universitaria ante os retos da situación económica mundial".

Discurso do ministro

O ministro avogou por unha educación de calidade e equidade situada no corazón da economía e garante de "saúde social" e benestar. O VII Congreso de Educación Superior "Universidade 2010" desenvolveuse no Palacio de Convenciones da Habana, en Cuba, entre os días 8 e 12 de febreiro, e reuniu ministros de Educación de 19 países e numerosos expertos do ámbito universitario de América, Europa, Asia e Africa.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles