Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O secretario xeral de Universidades preside a primeira reunión do Comité Asesor para o Programa Campus de Excelencia Internacional

12 de xaneiro de 2010

Para analizar a convocatoria resolta en novembro e propor melloras para a de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, presidiu a primeira reunión do Comité Asesor para o Programa Campus de Excelencia Internacional 2010 en que se comezou a perfilar a próxima convocatoria, cuxa Orde de Bases verá a luz en febreiro deste ano.

Á reunión, ademais de representantes da Administración Xeral do Estado, entre os que estaban o director xeral de Política Universitaria ou o director xeral de Trasferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento Industrial, tamén asistiron representantes das Comunidades Autónomas, como o secretario xeral de Universidades, Investigación e Tecnoloxía, Francisco Andrés Triguero, ou a secretaria autonómica de Universidade e Ciencia, María Amparo Camarero. Por parte das Universidades españolas contouse coa presenza do presidente da CRUE, Federico Gutiérrez-Solana e os Reitores das Universidades Autónomas de Barcelona e Carlos III de Madrid, Ana Ripoll e Daniel Peña.

A proxima reunion tendra lugar o 27 de xaneiro.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles