Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

España presenta as súas prioridades en materia educativa para a Presidencia da Unión Europea

01 de decembro de 2009

Ante os Altos Representantes de Educación e Formación dos Países Membros

Ver imaxe en alta resolución. .

O Ministerio de Educación presentou as prioridades en materia de educación e formación que España vai seguir durante o período de Presidencia da Unión Europea que comeza o vindeiro un de xaneiro e estenderase durante o primeiro semestre de 2010, ante os Altos Representantes nestas materias dos Países Membros.

Coincidindo coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa, o director xeral de Relacións Internacionais do Ministerio de Educación, José Manuel Martínez Sierra, reuniuse en Madrid os días 30 de novembro e 1 de decembro co Grupo de Alto Nivel de Políticas de Educación e Formación da Unión Europea. O devandito grupo reúne os Altos Representantes dos Estados Membros en materia de educación.

As prioridades expostas por España en materia educativa se articulan sobre dous grandes eixes: situar a educación e a formación no corazón dun modelo económico sostible, e potenciar a dimensión social da educación.

Durante a Presidencia española do primeiro semestre de 2010, o Ministerio de Educación considera de vital importancia dar un gran impulso á educación e a formación como motores do desenvolvemento e benestar social europeo. Por iso os principais obxectivos a acadar consisten en situar a educación e a formación no corazón do novo modelo económico sostible e en potenciar a dimensión social da educación. Con iso preténdese contribuír a que a Unión Europea poida constituírse nunha rexión de coñecemento, de innovación e de competitividade, fortalecendo a súa dimensión social.

Igualmente, continuando co traballo sobre competencias clave para a educación e a formación iniciada noutras presidencias, durante o referido semestre darase especial importancia a aquelas relacionadas coas novas capacidades e habilidades que a sociedade demanda, buscando unha maior vinculación entre a educación e o desenvolvemento económico.

Por último, durante a Presidencia española o Ministerio de Educación impulsará a cooperación universitaria máis alá das fronteiras da Unión e o Espazo Europeo do Coñecemento como converxencia dos dous grandes espazos en construción en Europa: o Espazo Europeo de Ensino Superior e o Espazo Europeo de Investigación, favorecendo a modernización e internacionalización das universidades, que converxen no Espazo Europeo de Educación Superior.

Os representantes dos Estados acolleron con satisfacción as propostas da futura presidencia. No actual contexto de crise económica coincidiron en resaltar a necesidade de impulsar a educación e situara no epicentro das políticas da Unión como motor do desenvolvemento, a inclusión social, a igualdade de oportunidades e o benestar social europeo. Neste sentido os participantes sinalaron que a educación e a formación deben ser compoñentes centrais da futura estratexia UE 2020 que se espera adoptar por España no Consello Europeo de primavera de 2010.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles