Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O ministerio de Educación ofrece matrícula gratuíta para cursar un máster a titulados universitarios de entre 25 e 40 anos en desemprego

12 de agosto de 2009

O goberno aprobou un novo programa para favorecer a formación de titulados en situación de desemprego. Para iso dotou un crédito extraordinario de 70 millóns de euros en dous anos dirixidos a que as universidades públicas faciliten matrícula gratuíta para os estudos de máster ao titulado no paro de entre 25 e 40 anos, que se encontren percibindo prestación por desemprego.

Proximamente farase pública a convocatoria destas axudas no Boletín Oficial do Estado que poderá tamén consultarse nesta páxina web.

Se desexa recibir un aviso no seu correo electrónico cando se publique a convocatoria pode darse de alta no Servizo de "AVISOS DE PUBLICACIÓN DE CONVOCATORIAS DE BOLSAS".

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles