Nos ámbitos territoriais, político e social
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, anunciou durante o acto da toma de posesión dos altos cargos do Departamento que dirixe, a convocatoria dun gran pacto en favor da educación española que se articulará sobre tres mesas de diálogo: unha institucional, unha política e unha social.
As mesas sentarán, respectivamente, o Ministerio coas comunidades autónomas, os partidos políticos e os representantes sociais, e terán como obxectivo acadar uns consensos en oito materias: o abandono escolar, a educación infantil, a nova formación profesional, a modernización tecnolóxica da educación, o Espazo Europeo de Educación Superior, as bolsas e as axudas ao estudo, a valoración empresarial e sindical da formación como incentivo para a contratación e a participación e as canles de comunicación cos estudantes.