Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Ministerio

Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais

Susana de la Sierra Morón

Directora Xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais

Naceu o 5 de marzo de 1975 en Santander, ten unha filla.

Licenciada en Dereito pola Universidade de Cantabria, Máster en Dereito Alemán e Comparado pola Universidade de Bayreuth, Alemaña (Bolsa A Caixa-DAAD), Doutora en Ciencias Xurídicas polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (Bolsa do Ministerio español de Asuntos Exteriores).

Profesora Titular de Dereito Administrativo e Directora do Centro de Estudos Europeos na Universidade de Castela-A Mancha (Toledo).

Especialista en Dereito da Cultura, en particular do cine e a súa fiscalidade, foi profesora convidada nas universidades de Oxford e Columbia, Nova York (bolsa Fulbright), onde completou a súa investigación sobre a regulación da cinematografía no Dereito comparado.

Conta con máis de corenta publicacións en diversos idiomas. Fala con fluidez alemá, francés, inglés e italiano, e realizou estudos avanzados de ruso.

 


 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles