Consulta da base de datos de Fundacións
A través deste servizo, pódense levar a cabo catro tipos de consultas atendendo a catro criterios:
- Nome: se desexa coñecer os datos dunha fundación en concreto, deberá introducir neste campo o nome exacto ou, polo menos, algunha palabra que forme parte do mesmo.
- Localidade: introducindo o nome dunha localidade obterá a listaxe das fundacións cuxo domicilio fundacional radique na mesma.
- Provincia: introducindo o nome dunha provincia obterá a listaxe das fundacións cuxo domicilio fundacional radique na mesma.
- Fins: poderá coñecer as fundacións cuxos fins coincidan co seleccionado do desdobrable que se mostra.
Ademais, é posible efectuar consultas combinadas dos catro criterios anteriores.