As Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) naceron a finais de 1988 como estruturas para fomentar e facilitar a cooperación en actividades de I+D entre investigadores e empresas, tanto no marco nacional como europeo. Anos máis tarde, por Orde do 16 de febreiro de 1996, publicada no do B.O.E. 23 de febreiro, se lles outorgou carácter oficial coa creación dun Rexistro Oficial de OTRI na Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía.
As OTRI son intermediarios no sistema ciencia-tecnología-empresa, cuxa misión fundamental consiste en dinamizar as relacións entre os axentes do sistema. Para iso as OTRI dedícanse a identificar as necesidades tecnolóxicas dos sectores socioeconómicos e a favorecer a transferencia de tecnoloxía entre o sector público e o privado, contribuíndo así á aplicación e comercialización dos resultados da I+D xerada nas universidades e centros públicos de investigación.
Hai unha OTRI en case todas as universidades e centros públicos de investigación nacional, así como nas fundacións universidade-empresa e en moitos centros tecnolóxicos. Dentro do esforzo que as universidades españolas levaron a cabo para axeitar a súa actividade ás necesidades da sociedade, as OTRI xogaron un importante papel. Por iso a CRUE estimou conveniente crear a Rede OTRI das Universidades Españolas
, que ten como finalidade potenciar e difundir o papel das Universidades como elementos esenciais dentro do sistema de ciencia, tecnoloxía e empresa. A misión das OTRI dentro das universidades se concreta nos seguintes obxectivos específicos:
As funcións máis comúns que realizan son: