O Espazo Común de Educación Superior ALCUE é unha iniciativa dos países de América Latina, o Caribe e a Unión Europea para a constitución dun medio de interacción e cooperación bilateral e multilateral dos seus sistemas de educación superior. Enmárcase dentro do proceso iniciado polas Cimeiras de Xefes de Estado e de Goberno
de ambas as dúas rexións, que se reúnen por primeira vez en xuño de 1999 en Río de Xaneiro, iniciando así un diálogo institucionalizado a nivel birrexional.
A Cimeira de Río identifica a educación superior como unha das áreas prioritarias para reforzar a cooperación birrexional. Por este motivo, un ano máis tarde, en novembro de 2000, os Ministros responsables de Educación Superior de América Latina, o Caribe e a Unión Europea reúnense en París coa vontade de establecer un marco de acción para unha cooperación profunda que favoreza a consolidación dun Espazo Común de Educación Superior entre ambas as dúas rexións.
Para levar a cabo esta tarefa, a Conferencia de París crea un Comité de Seguimento no que participan Brasil, Colombia, México e Nicaragua por América Latina, San Cristóbal e Nieves e Xamaica en representación do Caribe, e España, Francia, Polonia e Portugal por parte da Unión Europea. A Secretaría Técnica do Comité de Seguimento encóntrase actualmente na Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria da Secretaría de Estado de Universidades.
O Proceso ALCUE de Educación Superior ten o seu propio espazo virtual. A través do portal www.alcue.net,
pódese acceder a información actualizada sobre as actividades realizadas, a un tempo que serve como foro de debate e intercambio de opinións sobre diferentes temáticas.





I Conferencia Ministerial dos países da Unión Europea, de América Latina e o Caribe sobre Ensino Superior. París, 3 de novembro de 2000
II Conferencia de Ministros responsables de Educación Superior. Guadalaxara, México, 14 e 15 de abril de 2005:
Plan de Acción 2005-2008:
Os documentos derivados das reunións do Comité de Seguimento pódense consultar a través da