O número de investigadores nas universidades españolas supón o 47,9% do total de investigadores do país. O número de teses de doutoramento aprobadas anuais é de 8.176, dos que un 46,8% son mulleres. A produción científica total das universidades é 62% do total. Datos do 2006.
Os Indicadores do Sistema español de Ciencia e Tecnoloxía recollen as actividades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación en España, reflectindo, tanto o esforzo público e privado levado a cabo para desenvolver as devanditas actividades, como a dispoñibilidade de recursos. Esta publicación contén información cuantitativa presentada en táboas que recollen series temporais e gráficos en que se resaltan as tendencias de evolución.
Preséntanse os datos acerca dos investimentos en I+D, tanto financiamento, como gasto, así como os recursos humanos dispoñibles para levar a cabo as tarefas de I+D, distribuídos en función do sexo. Así mesmo, ofrécese información sobre o esforzo realizado polas Comunidades Autónomas
Igualmente, achéganse datos sobre a participación española nos programas internacionais de I+D e ofrécense comparacións de España cos outros países da UE, cos pertencentes á OCDE e cos de América Latina.
Tamén se inclúen os resultados obtidos das actividades de I+D medida a través das patentes solicitadas e concedidas, así como dos artigos científicos publicados.
Os datos estatísticos proceden de organismos oficiais, tanto nacionais, como o Instituto Nacional de Estatística (INE), Oficina Española de Patentes e Marcas, CINDOC (CSIC), etc., como internacionais, OCDE, EUROSTAT, etc.
A partir da edición de 2005 inclúese información sobre alumnos matriculados en terceiro ciclo por áreas de coñecemento e sexo e un glosario de termos relacionados coas actividades de investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Incorpora, tamén, unha síntese dos indicadores de I+D que o INE difunde procedente da súa Estatística de gasto de I+D.
Así mesmo, o informe Cotec ten como obxectivo achegar unha recompilación de indicadores sobre a situación da innovación e a tecnoloxía en España e o seu posicionamento con respecto aos países do seu medio.
Na Primeira Parte, ANÁLISE DA SITUACIÓN, sinálanse os principais indicadores e referencias nacionais e internacionais para situar o sistema español no contexto da UE e da OCDE, e preséntase a súa evolución recente. Na Segunda Parte, INFORMACIÓN NUMÉRICA, reprodúcense os datos fundamentais, debidamente actualizados e presentados en táboas, a que se fai referencia nos capítulos da Primeira Parte.
Para o Informe Cotec 2008 seleccionáronse como países de referencia as catro maiores economías da UE (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido), Polonia, por ser o país da UE con maior tamaño de poboación tras España e os catro países anteriores, así como o conxunto da Unión Europea, Estados Unidos e o Xapón.
Os datos que se presentan proceden sempre de fontes estatísticas. Cando se levan a cabo comparacións internacionais, a fonte é, case sempre, a OCDE a través da súa publicación semestral «Main Science & Technology Indicators. Vol. 2007/2».
(Pulse nas ligazóns para descargar os arquivos en formato pdf; ábrense nunha nova ventá)






Última actualización: 15 de outubro de 2008