Ao finalizar os estudos de grao ou probablemente antes - é importante indicar que para o último curso de grao os estudantes poden obter unha bolsa de colaboración cos distintos departamentos universitarios ou outros grupos de investigación en Organismos Públicos de Investigación
- que lle permiten coñecer de forma máis profunda o tipo de investigación que se leva a cabo nos diferentes grupos de investigación, o cal pode ser moi útil á hora de tomar decisións unha vez acadado o grao.
Co título de grao pódese:
Para a opción c cómpre encontrar un director de Tese de doutoramento entre os grupos de investigación de calidade existente nas universidades ou centros de investigación (Rexistro de Universidades
), e involucrarse nos estudos de posgrao de calquera das universidades. Ver a oferta de todas e cada unha delas é importante, así como ver que os estudos de posgrao en que nos involucremos leven asociado doutoramento, tamén é relevante a información sobre a mención de calidade destes estudos
Mención de Calidade de Doutoramento
, así como calquera outro recoñecemento nacional ou internacional que poidan ter estes estudos (ERASMUS MUNDUS, European Label etc.) Información Erasmus-Mundus
. Tomadas estas decisións estaremos en condicións de optar aos diferentes tipos de bolsa-contrato existentes no MICINN, a Comunidade Autónoma
en que estea situada a universidade en onde decidamos realizar o doutoramento, distintas entidades privadas (Fundacións Privadas
) ou o propio grupo de investigación a que nos incorporemos.
O doutoramento (normalmente 4 anos) consta dunha primeira parte (un máster de entre 60-120 créditos ECTS), que nos permitirá acceder á etapa de investigación do doutoramento. Chamamos período predoutoral a todo o proceso previo á defensa da Tese de doutoramento.