
En 1986, a Carta de Ottawa para a Promoción da Saúde
establecía como unha das cinco áreas de acción prioritaria para promover a saúde “a creación de medios que apoien a saúde”. Os medios ou escenarios son definidos como aqueles lugares e contextos sociais onde as persoas desenvolven actividades diarias e no que interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan a saúde e o benestar de que viven, traballan, aprenden,...en el.
A universidade reúne varias das características destes medios; por un lado, é un centro de traballo, por outro é un centro educativo e, ademais, é unha institución de especial relevancia en tanto que investiga e garante o avance da nosa sociedade a través da formación dos cadros do futuro.
Os Centros Universitarios, ademais de ser motor de investigación e formación dos profesionais do futuro, son medios vivos onde interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan á saúde e ao benestar. Para considerarse saudable, unha Universidade debe adquirir un compromiso global de cara á saúde e desenvolver o seu potencial como axente promotor da saúde, o benestar e a calidade de vida de quen nela estudan e traballan.
Unha Universidade Saudable ten que ser un medio que protexa e favoreza a saúde, promovendo coñecementos e habilidades orientadas a que os estudantes e traballadores adquiran estilos de vida saudable, proporcionando as infraestruturas e espazos necesarios, e favorecendo a socialización e as actividades de lecer saudables.
Está formada por un conxunto de Institucións comprometidas coa promoción da saúde no medio universitario.
É unha iniciativa a favor da saúde en que actualmente participan Universidades de toda España, a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e algunhas Estruturas Autonómicas de Saúde Pública. Esta rede constituiuse o 22 de Setembro de 2008 co obxectivo de reforzar o papel das Universidades como entidades promotoras da saúde e o benestar dos seus estudantes, o seu persoal, e da sociedade no seu conxunto, liderando e apoiando procesos de cambio social.
Actualmente existe un Acordo Marco de Colaboración
entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas para o desenvolvemento da Rede Española de Universidades Saudables.
O traballo en rede é esencial en promoción da saúde, entendendo por rede unha agrupación de individuos, organizacións e axencias, organizados de forma non xerárquica arredor de temas ou preocupacións comúns, que se abordan de maneira activa e sistemática, sobre a base do compromiso e a confianza. (Glosario de Promoción da Saúde
)
Actualizado o 31 de agosto de 2011. (Documento completo
).