A normativa comunitaria de recoñecemento profesional ten como base os artigos do Tratado constitutivo da Comunidade Europea que regulan a liberdade de establecemento e a libre prestación de servizos. Con obxecto de facer efectiva esta liberdade, aprobáronse un conxunto de disposicións que desenvolven esas previsións do Tratado e que configuran un sistema de recoñecemento de cualificacións profesionais entre os Estados membros da Unión.
Esta normativa en España se concreta no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro
, por que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE
do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro de 2005 e a Directiva 2006/100/CE
do Consello, do 20 de novembro de 2006, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos do exercicio da profesión de avogado.
Os efectos deste recoñecemento son exclusivamente profesionais, é dicir, conducen á autorización de exercicio dunha profesión concreta no Estado de acollida.
A finalidade do recoñecemento profesional dos títulos é a superación dos obstáculos, especialmente os referidos a titulación, que o cidadán dun Estado pode encontrar para acceder ao exercicio dunha determinada actividade profesional noutro. Os principais beneficiarios do mesmo son, por conseguinte, os profesionais e non os estudantes.
Este recoñecemento de títulos aplícase aos nacionais de