Requisitos formativos complementarios
Cando se detecten carencias na formación acreditada para a obtención do titulo estranxeiro, en relación coa esixida para a obtención do título español co que se pretende homologar, cuxa entidade non sexa suficiente para denegar a homologación, esta quedará condicionada á previa superación polo interesado duns r equisitos formativos complementarios.
Estes requisitos formativos determinaranse na resolución atendendo ao informe xeral ou particular aplicable ao expediente, e a súa finalidade será a equiparación dos niveis de formación entre as titulacións estranxeira e española.
Os requisitos formativos complementarios poderán consistir en:
- A superación dunha proba de aptitude.
- A realización dun período de prácticas.
- A realización dun proxecto ou traballo.
- A asistencia a cursos tutelados que permitan emendar as carencias formativas advertidas.
A superación destes requisitos realizarase a través dunha Universidade española (pública ou privada) ou centro superior correspondente, de libre elección polo solicitante, que teña implantados na súa totalidade os estudos conducentes ao título español ao que se refire a homologación.
Cando o interesado non supere os requisitos formativos esixidos no prazo de cuatro anos, contado desde a notificación da resolución, a homologación condicionada perderá a súa eficacia, sen prexuízo de que, a partir dese momento, o interesado poida solicitar a validación por estudos parciais.
A disposición adicional oitava do 1393 R.D. /2007, do 29 de outubro, por que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, establece que:
- O prazo de catro anos para a superación dos requisitos formativos complementarios aplicarase a todos os expedientes tramitados de acordo co 285 R.D /2004, sobre os que non se ditase resolución na data de entrada en vigor do presente R.D.(31/10/2007), con independencia da súa data de inciación.
- No caso de resolucións de homologación, condicionadas á superación de requisitos formativos complementarios, ditadas con anterioridade á entrada en vigor do presente real decreto, se o prazo de dous anos para a superación dos requisitos formativos complementarios non venceu o día da devandita entrada en vigor, entenderase prorrogado ata un total de catro anos, contado desde a notificación da resolución. Se o prazo de dous anos xa venceu antes da entrada en vigor do presente real decreto, entenderase concedido un novo prazo complementario de dous anos para a superación dos requisitos formativos complementarios, contado desde a devandita entrada en vigor.
Regulación da determinación e realización dos requisitos formativos complementarios
Por Orde ECI/1519/2006, do 11 de maio (BOE do 19), establecéronse os criterios xerais para a determinación e realización dos requisitos formativos complementarios.
Os comités técnicos que deben informar os expedientes de homologación determinarán en cada informe a forma ou as formas a través das que poderán realizarse os requisitos formativos complementarios a cuxa superación quede condicionada a homologación do título.
Polo tanto, será a correspondente resolución, ditada á vista do informe do comité técnico, a que determine a forma ou formas a través das que poderán superarse os requisitos formativos complementarios (non será o interesado o que poida elixir entre as catro fórmulas previstas).
Cando a resolución que se dite permita máis dun mecanismo para a superación dos requisitos formativos complementarios, a opción por un deles si lle corresponderá ao interesado. Esta opción poderá modificarse libremente, pero non afectará ao prazo máximo de catro anos en que debe producirse a superación dos requisitos formativos complementarios.
Unha vez notificada a resolución, o interesado poderá dirixirse a Universidade española que libremente elixa e que teña totalmente implantados os estudos conducentes á obtención do título español ao que se refire a homologación, para solicitar a realización dos requisitos formativos complementarios a través dalgunha das fórmulas indicadas na resolución.
Os requisitos formativos complementarios deberán superarse no prazo de catro anos, contado desde a notificación da resolución . En caso contrario, a homologación condicionada perderá a súa eficacia, sen prexuízo de que, a partir dese momento, o interesado poida solicitar a validación por estudos parciais.
A Universidade en que se produza a completa e definitiva superación dos requisitos formativos complementarios expedirá a favor do interesado o correspondente certificado acreditativo. O interesado deberá acreditar ante a Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia, mediante o devandito certificado, a superación dos requisitos formativos complementarios, como requisito previo para a expedición da credencial de homologación.
Os requisitos formativos complementarios poderán consistir en:
- Proba de aptitude. Deberá consistir nun exame sobre os coñecementos académicos do solicitante, referidos aos contidos formativos comúns respecto dos que se identifiquen deficiencias formativas. O contido deberá abarcar todas as materias en que se organicen os contidos formativos comúns que se mencionen na resolución que esixa a proba, de conformidade co plan de estudos conducentes á obtención do título español a que se refira a resolución. As Universidades deberán realizar polo menos dúas convocatorias anuais, garantindo a debida publicidade das convocatorias e do programa de cada materia. As probas cualificaranse como "apto" ou "non apto".
- Período de prácticas. Ten como obxectivo conseguir que o titulado estranxeiro obteña unha formación integral que harmonice os coñecementos académicos cos aspectos prácticos do medio profesional relacionado co título español co que solicita a homologación. Desenvolverase de acordo cun programa determinado pola Universidade. A súa duración máxima será de 500 horas, sen que supoña ningunha relación laboral. O órgano responsable que a Universidade determine nomeará un titor. O período de prácticas finalizará cunha memoria ou traballo, que valorará o titor coa cualificación de "apto" ou "non apto".
- Realización dun proxecto ou traballo, que integre os contidos formativos comúns do título español co que se solicita a homologación. Desenvolverase baixo a tutela da Universidade que libremente elixa o interesado, que teña implantados os estudos españois correspondentes. As Universidades poderán establecer unha regulación específica sobre esta clase de proxectos; no seu defecto, entenderanse aplicables as normas establecidas para a realización dos proxectos de fin de carreira. O proxecto deberá iniciarse e concluírse dentro do mesmo curso académico. A súa valoración recibirá a cualificación de "apto" ou "non apto".
- Asistencia a cursos tutelados. As Universidades poderán organizar cursos tutelados, de carácter individual ou colectivo, que integren os contidos formativos comúns a que se condicione a homologación dun título estranxeiro. A súa duración non será superior á dun curso académico. Nas Universidades públicas, estarán sometidos ao réxime de prezos públicos. O curso cualificarase como "apto" ou "non apto".
Para máis detalles sobre esta materia, ver o texto íntegro da Orde ECI/1519/2006, do 11 de maio (BOE do 19).
Realización de probas de conxunto (réxime anterior: Orde do 21 de xullo de 1995)
- Os expedientes de homologación iniciados con anterioridade ao 5 de setembro de 2004, data da entrada en vigor do Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro. Estes continuarán coa súa tramitación e resolveranse de acordo coa normativa vixente no momento da súa iniciación. Unha vez resoltos, a proba de conxunto, se é o caso, seguirá rexendose pola Orde do 21 de xullo de 1995. Non será aplicable a estes expedientes o límite de catro anos para superar os requisitos formativos complementarios, establecido no Real decreto 285/2004.
- Os expedientes iniciados con posterioridade á entrada en vigor do Real decreto 285/2004, pero que xa sexan informados antes da entrada en vigor da Orde ECI/1519/2006. En todo caso, a eses expedientes si lles resultará aplicable o límite de catro anos para superar os requisitos formativos complementarios, establecido no Real decreto 285/2004.
A Orde ECI/1519/2006, do 11 de maio (BOE do 19) derrogou a anterior Orde do 21 de xullo de 1995, por que se establecen os criterios xerais para a realización de probas de conxunto previo ao recoñecemento de títulos estranxeiros de educación superior. (Publicado no BOE o 27-07-1995
).
Porén, a devandita Orde do 21 de xullo de 1995 seguirá sendo aplicable a:
- Os expedientes de homologación iniciados con anterioridade ao 5 de setembro de 2004, data da entrada en vigor do Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro. Estes continuarán coa súa tramitación e resolveranse de acordo coa normativa vixente no momento da súa iniciación. Unha vez resoltos, a proba de conxunto, se é o caso, seguirá rexendose pola Orde do 21 de xullo de 1995. Non será aplicable a estes expedientes o límite de catro anos para superar os requisitos formativos complementarios, establecido no Real decreto 285/2004.
- Os expedientes iniciados con posterioridade á entrada en vigor do Real decreto 285/2004, pero que xa sexan informados antes da entrada en vigor da Orde ECI/1519/2006. En todo caso, a eses expedientes si lles resultará aplicable o límite de catro anos para superar os requisitos formativos complementarios, establecido no Real decreto 285/2004.
Para a aplicación desta Orde deberán terse en conta as seguintes instrucións:
- Cando a homologación dun título estranxeiro de educación superior quede condicionada á superación de proba de conxunto, os interesados formalizarán a oportuna matrícula na Universidade da súa elección, que teña implantados os estudos conducentes á obtención do correspondente título español, sen que se requira a comunicación previa á Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións.
- Para efectuar a devandita matrícula, os interesados achegarán copia da notificación da resolución ditada polo Secretario Xeral Técnico do Departamento, por que se somete a homologación a proba de conxunto. Non será preciso que a Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións dirixa ningunha comunicación á Universidade, sen prexuízo de que esta poida dirixirse a ela en caso de dúbida sobre a autenticidade da resolución achegada polo interesado ou sobre calquera aspecto relacionado co seu contido.
- As probas avaliaranse e cualificarán, e os seus resultados publicaranse e acreditarán, de acordo co sinalado nos apartados quinto e sétimo da Orde do 21 de xullo de 1995.
- No suposto de que a proba non sexa superada ou só sexa superada parcialmente na Universidade elixida, o interesado poderá matricularse en sucesivas convocatorias nesa ou outra Universidade. En caso de cambiar de Universidade, o novo Centro elixido poderá tomar en consideración o certificado expedido pola anterior Universidade ou Universidades en que consten as materias que xa fosen superadas.
- A Universidade en que se conclúa a completa e definitiva superación da proba de conxunto expedirá a favor do interesado o correspondente certificado acreditativo.