Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Universidades

Recursos posibles

A Orde do Ministro de Educación e Ciencia (ditada por delegación no Secretario Xeral Técnico), por que se concede, denégase ou condiciónase a homologación á superación de requisitos formativos complementarios, pon fin á vía administrativa e pode ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo, ou ben mediante recurso contencioso-administrativo, ante os tribunais da Xurisdición Contencioso-administrativa.

A notificación ao interesado da correspondente resolución detallará os recursos procedentes en cada caso, órgano ante o que deben interporse e prazo para a súa interposición.

A falta de resolución en prazo dos expedientes de homologación ten efectos desestimatorios, de acordo coa disposición adicional 29ª da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social.

Esta desestimación presunta ten os únicos efectos de permitir a interposición dos recursos procedentes, en vía administrativa ou contencioso-administrativa. Mánténse a obriga da Administración de ditar unha resolución expresa, que non queda vinculada ao sentido do silencio.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles