Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Universidades

Homologación a Graos Académicos

Obxecto

A homologación a grao académico daqueles en que se estruturan os estudos universitarios en España é o recoñecemento oficial da formación superada para a obtención dun título estranxeiro, como equivalente á esixida para a obtención dun grao académico inherente a calquera dos niveis en que se estruturan os estudos universitarios españois e non a un título concreto.

Actualmente, pode solicitarse ao Ministerio de Educación e Ciencia a homologación ao G rado Académico de Licenciado ou ao Grado Académico de Diplomado.

Procedemento

Será o establecido para a homologación a un título do Catálogo de títulos universitarios oficiais, coas peculiaridades que se recollen neste apartado.

As solicitudes axustaranse ao modelo publicado como Anexo 1 da Orde ECI/1712/2005, do 2 de xuño (BOE do 10), por que se modifica a Orde ECI/3686/2004, do 3 de novembro, por que se ditan normas para a aplicación do Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, por que se regulan as condicións de homologación de títulos estranxeiros de educación superior (BOE do 15).

No referente á documentación preceptiva, será a seguinte:

O órgano instrutor poderá requirir, ademais, outros documentos que considere necesarios para a acreditación da equivalencia entre a formación conducente á obtención do título estranxeiro achegado e a que se esixe para a obtención do grao académico español co que se pretende homologar.

Modelo de Solicitude 

Criterios para a homologación a graos académicos

As resolucións sobre a homologación a grao académico adoptaranse tendo en conta os seguintes criterios:

Cando se solicite a homologación dun título correspondente a ensinanzas realizadas conforme a sistemas educativos de países da Unión Europea, a resolución de homologación terá en conta unicamente estes criterios:

Resolución

A resolución do procedemento será motivada e conterá un dos seguintes pronunciamentos:

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles