Criterios para a homologación
As resolucións sobre homologación de títulos estranxeiros adoptaranse examinando la formación adquirida polo alumno e tendo en conta:
- A correspondencia entre os niveis académicos requiridos para o acceso aos estudos conducentes á obtención do título estranxeiro e para o acceso ao título español.
- A duración e carga horaria do período de formación necesaria para a obtención do título estranxeiro cuxa homologación se pretende.
- A correspondencia entre os niveis académicos do título estranxeiro e do título español a que se solicita a homologación.
- Os contidos formativos superados para a obtención do título estranxeiro.
- A homologación a un título español de Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro, ou a un dos títulos de Grao que se establezan de acordo co Real decreto 55/2005, do 21 de xaneiro, por que se establece a estrutura dos ensinos universitarios e regúlanse os estudos universitarios oficiais de Grado, require que o título estranxeiro permita no país de procedencia o acceso a estudos oficiais de posgrao.
- Cando a formación correspondente ao título español estea harmonizada en virtude de Directivas comunitarias, a homologación esixirá o cumprimento dos requisitos contemplados nas respectivas Directivas.