EUROSTUDENT IV é un estudo internacional sobre o perfil dos estudantes universitarios. O proxecto recompila datos comparables sobre as condicións sociais e económicas da vida dos universitarios en Europa, proporcionando unha información imprescindible para deseñar unha atención axeitada á diversidade e evolución dos estudantes
Este proxecto internacional en que participan 27 países europeos levará a coñecer en profundidade a oferta actual de servizos que ofrecen as universidades e incrementar nun futuro as posibilidades e calidade dos mesmos.
A importancia do proxecto EUROSTUDENT foi recoñecida no London Communiqué (17 de Maio de 2007) sobre o Proceso de Bologna, onde se instaba á Comisión Europea xunto a EUROSTUDENT a desenvolver indicadores comparables e fiables así como datos cos que medir os avances referidos á dimensión social, a igualdade de oportunidades, a mobilidade dos estudantes e o profesorado, así como a empregabilidade dos titulados.
Para iso o Ministerio de Educación como coordinador deste proxecto encargou a un equipo de investigadores da universidade de Valencia a preparación do estudo e lanzamento da enquisa que se realizará en liña.
Durante os meses de maio e xuño unha mostra aleatoria de estudantes universitarios recibirán unha invitación para participar na devandita enquisa a través do seu correo electrónico. Finalizada a enquisa por parte do estudante procederase a seu anonimización de xeito que non sexa posible asociar as respostas co enderezo de correo electrónico do estudante enquisado.
Para máis información pódese acceder a http://www.eurostudent.eu