Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Universidades

Guía para a presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Aplicación Web para a gravación de solicitudes

As solicitudes para a mobilidade de profesores visitantes en másters oficiais cubriranse mediante un programa informático dispoñible na páxina web que a Dirección Xeral de Universidades facilitou a todas as universidades.

A aplicación informática dispón dunha axuda que cómpre consultar antes de cubrir correctamente o impreso de solicitude, se ten algunha dúbida ou problema técnico deberá contactar coa DGU a través da dirección electrónica: movilidad.master@mec.es

Teña en conta que a formalización da súa solicitude na aplicación web non implica a presentación oficial da solicitude, só será oficial cando o impreso de solicitude que xera a aplicación web sexa recibido fisicamente en prazo e mediante Correos ou un rexistro oficial na DGU.

Impreso de solicitude

Unha vez introduza toda a información requirida, anexados todos os documentos electrónicos, e verificado que tanto os datos coma os documentos son correctos deberá xerar o impreso de solicitude para poder presentaro asinado polo responsable / coordinador do programa e o representante legal da universidade, en Correos ou nun rexistro oficial, xunto co resto da documentación que se lle solicita na convocatoria.

Documentación electrónica

Os documentos que deben anexarse como arquivos electrónicos unha vez introduza todos os datos da súa solicitude son:

Currículo vitae do solicitante no impreso normalizado ou adaptación do mesmo.
Xustificación e resumo da actividade do profesor, así como a actividade científica máis salientable dos anos 2003 a 2007 e a actividade docente desempeñada nese mesmo período e que esta relacionada coa súa participación no master.
Estes documentos non deberán presentarse en ningún caso en papel.

Documentación física


Os documentos físicos que deberán presentarse canda o impreso de solicitude en Correos ou nun rexistro oficial son os seguintes:
Carta de aceptación dos profesores visitantes para os que se solicita axuda.
No caso dos másters organizados por varias universidades, copia do convenio que regula o funcionamento do máster universitario de acordo co artigo 7.3do RD 56/2005, asinado por todos os Reitores das universidades participantes.

Presentación da documentación

As solicitudes xunto á documentación anteriormente detallada remitiranse á Dirección Xeral de Universidades, C/ Albacete nº 5. 1ª planta Este 28071 Madrid, ou presentaranse no Rexistro do Ministerio de Ciencia e Innovación ou por calquera dos procedementos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada e pechada.

Emenda de documentación

Se a documentación achegada fóra incompleta ou non reunise os requisitos esixidos nesta resolución, a universidade solicitante será requirida para que, no prazo de 10 días, complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, se non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, nos termos previstos no Art. 71.1 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei.

O escrito de requirimento será enviado por medios telemáticos, ao asinante da solicitude como representante legal da universidade, todo iso de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa versión dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles