- Descrición:
Esta convocatoria própónse crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a realización de programas de Máster en Universidades de Estados Unidos de América por licenciados españois en titulacións de Ciencias Sociais e Humanidades, no marco do programa de bolsas ME-FULBRIGHT
- Destinatarios:
Licenciados ou con estudos de Grao en áreas de Ciencias Sociais e Humanidades.
- Nº de bolsas:
Máximo de 10.
- Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou de calquera país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo con autorización de residencia en España.
- Obter o título de Licenciado ou Graduado en áreas de Ciencias Sociais e Humanidades. A data de terminación de estudos debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2009.
- Contar cun expediente académico con nota media igual ou superior a 2,00 puntos, de acordo co baremo seguinte: Aprobado=1, Notable=2, Sobresaliente=3, Matrícula de Honor=4.
- Non gozar bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.
- Non estar realizando estudos de posgrao ou proxectos de investigación predoutoral en EE.UU.
- Non finalizar ningún doutoramento.
- Non gozar unha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de posgrao.
- Excelente coñecemento do idioma inglés.
- Posuír boas referencias académicas ou profesionais.
- Dotación:
- Unha dotación mensual de 1.500,00 € como máximo, financiada con cargo ao Ministerio de Educación.
- Unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas por importe máximo de 7.000,00 €, financiada con cargo ao Ministerio de Educación.
- 1.250,00 € para gastos de viaxe de ida e volta, financiada con cargo á Comisión Fulbright.
- Seguro de accidentes corporais e de asistencia sanitaria – excluída a obstetricia e a odontoloxía – que o Programa Fulbright ofrece aos seus bolseiros.
- Duración:
A duración das bolsas será de doce meses, prorrogable por outro período máximo de doce meses.
- Prazo de presentación
- Desde: 07 de setembro de 2011
- Ata: 22 de setembro de 2011
Prazo de presentación finalizada
- Como realizaro?:
Hai que formalizar o impreso de solicitude correspondente acompañado da documentación que se indica no apartado correspondente.
- Destino:
Universidades de Estados Unidos de América
- Incompatibilidades:
Quedan excluídos desta convocatoria os programas en Ciencias Empresariais (MBA), Dereito (LL.M) e Xornalismo.
- Outros:
Avaliación e selección dos candidatos
A avaliación e preselección dos candidatos será realizada por unha Comisión de Avaliación e Preselección, formada por expertos científicos das distintas áreas científicas das solicitudes presentadas
Posteriormente, unha Comisión de Selección, en que se incluirán representantes da Comisión Fulbright, realizará unha entrevista persoal a cada un dos candidatos preseleccionados. Realizadas as entrevistas, a Comisión de Selección elaborará unha relación priorizada de candidatos seleccionados.
- Instrucións:
Os impresos de solicitude poderán obterse nesta mesma páxina, así como na páxina web da Comisión Fulbright: http://www.fulbright.es
, durante o prazo de presentación.
- Documentación requirida:
- Impreso de solicitude.
- Copia compulsada do Certificado de Rexistro de cidadán da Unión, no caso de cidadáns da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo residente en España
- Curriculum vitae do solicitante no impreso normalizado
- Certificación académica oficial ou fotocopia compulsada en que figuren, de xeito detallado, as cualificacións correspondentes ás distintas materias e as datas en que se obtiveron. Neste certificado deberá constar a nota media do expediente adaptada ao baremo de 1 a 4 puntos.
- Memoria sobre os estudos que pretenda realizar en Estados Unidos. Poderanse incluír ata tres programas de estudo. Neste caso, ten que achegar unha memoria por cada programa.
- Tres cartas de referencia, preferentemente en inglés.
- Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos nos arts. 3.2.e, 3.2.f., 3.2.g., e 3.2.h
- Fotocopia do resultado do Test of English as a Foreign Language (TOEFL) coa puntuación mínima de 600 no exame tradicional en papel, ou de 100 na modalidade por Internet ou do International English Language Testing System (IELTS) cunha puntuación mínima de 7. Os solicitantes que non acheguen os resultados do exame antes da entrevista persoal obrigatoria quedarán eliminados do proceso de selección.
- No caso de estudos realizados parciais ou totalmente no estranxeiro, xunto á certificación académica deberá anexar unha declaración responsable de nota media realizada polo interesado e impresos de conversión da nota ao sistema decimal español e de aplicación do baremo de 1 a 4 puntos ás cualificacións do expediente académico e cálculo da nota media.
- Os solicitantes que cursen os estudos no estranxeiro e posúan certificación académica estendida nun idioma distinto do español terán que acompañara da correspondente tradución xurada.
- Copia compulsada, se é o caso, do documento xustificativo da homologación ou recoñecemento oficial das titulacións obtidas no estranxeiro.
- Lugar de entrega:
As solicitudes, dirixidas á Dirección Xeral de Política Universitaria, presentaranse directamente no Rexistro Xeral do Ministerio de Educación (C/ Los Madrazo, 15) ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
- Renovacións:
As bolsas poderán ser prorrogadas por un novo período de doce meses como máximo.
A solicitude de renovación das bolsas concedidas ao abeiro da convocatoria 2010 formalizaranse nos termos e prazos que se establezan nesta convocatoria.
- Emendas:
Emenda de documentación
De conformidade co artigo 4 da convocatoria, a publicación destas relacións servirá de requirimento aos solicitantes para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte á publicación da mesma, poidan efectuar a emenda con advertencia de que, se non o fixesen, se lle terá por desistida a solicitude, previa resolución ditada de conformidade co que se dispón no artigo 71.1 e 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
- Anexo I:
relación provisional de solicitudes admitidas a trámite, unha vez comprobado que reúnen os requisitos e achegaron a documentación requirida. - Anexo II:
relación provisional de solicitudes excluídas con indicación dos motivos ou causas de exclusión ou solicitudes que presentan falta ou deficiencias nos documentos presentados con indicación dos defectos que deben emendarse.
Prazo e forma de efectuar a emenda
- O prazo para emendar COMEZA O 25 DE OUTUBRO E FINALIZA O 5 DE NOVEMBRO, ambos os dous incluídos. Na devandita data pecharase o prazo de emenda e os documentos requiridos deberán ter entrada no Rexistro do Ministerio de Educación, C/ Los Madrazo, 15-17, 28071 Madrid ou ser presentados en prazo por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
- Los documentos que se presenten a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para ser datados e selados antes da súa certificación.
- Lémbrase que todos os documentos que deben presentar teñen que ser orixinais ou fotocopias compulsadas.
- Nas comunicacións que manteñan coa Subdirección Xeral a este respecto, e coa finalidade de identificar axeitadamente os seus escritos, rogámoslles indiquen sempre o nome do programa a que concorreron: Bolsas para realizar programas de Máster en universidades de EE.UU. e a referencia da solicitude, que figura nos Anexos.