Dentro a Liña instrumental de Recursos Humanos do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (I+D+I) 2008-2011, aparece definido o Programa Nacional de Mobilidade de Recursos Humanos co obxectivo de de favorecer a mobilidade xeográfica, interinstitucional do persoal asociado ás actividades de I+D e innovación, que contempla tanto a mobilidade cara a España de investigadores estranxeiros como de investigadores españois a outros centros internacionais ou nacionais.
Este subprograma persegue fomentar a incorporación temporal a grupos de investigación española de profesores e investigadores estranxeiros en dúas modalidades. Na modalidade A encadraríanse profesores e investigadores de recoñecido prestixio e experiencia que durante a súa estancia en España colaboren nun proxecto docente e investigador co grupo receptor, proxecto que deberá contribuír a crear novas liñas de investigación ou fortalecer as xa existentes en áreas de interese para o grupo receptor e, en definitiva, a mellorar a súa calidade docente e investigadora. A outra modalidade estaría dirixida a mozos doutores que aínda estando na etapa inicial da súa carreira, debido ao seu potencial científico-técnico, poidan incorporarse un grupo español e contribuír con elementos innovadores ao traballo do mesmo, de maneira que a súa estancia constitúa un impulso considerable en termos tanto cualitativos coma cuantitativos á produción científico-técnica do grupo receptor
Estancias de profesores e investigadores estranxeiros de acreditada experiencia, en réxime de ano sabático en universidades públicas e centros de investigación española.
O obxecto desta modalidade é a incorporación temporal de profesores e investigadores estranxeiros de recoñecido prestixio e experiencia a grupos de investigación pertencente aos organismos e centros españois, para que durante a súa estancia, cun período mínimo de tres meses e máximo de doce, colaboren nun proxecto docente e investigador co grupo receptor. Este proxecto deberá contribuír a crear novas liñas de investigación ou fortalecer as xa existentes en áreas de interese para o grupo receptor e, en definitiva, a mellorar a súa calidade docente e investigadora.
Estancias de mozos doutores estranxeiros en universidades públicas e centros de investigación española.
O obxecto desta modalidade é posibilitar que os mozos doutores estranxeiros, con residencia no estranxeiro, aínda estando na etapa inicial da súa carreira e debido ao seu potencial científico-técnico, poidan incorporarse un grupo español e contribuír con elementos innovadores ao traballo do mesmo, de maneira que a súa estancia constitúa un impulso considerable en termos tanto cualitativos coma cuantitativos á produción científico-técnica do grupo receptor, durante un período mínimo de nove meses e máximo de dezaoito.





