Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Universidades

Bolsas e Axudas para a cooperación interuniversitaria con Brasil. Convocatoria 2008

Descrición 

Esta convocatoria ten por finalidade o desenvolvemento de proxectos conxuntos de colaboración en áreas científicas de interese común entre grupos ou departamentos universitarios españois e brasileiros.

Convocatoria

Resolución do 13 de marzo de 2008  , da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación por que se convocan axudas para a cooperación interuniversitaria con Brasil, ao abeiro do Convenio de Cooperación subscrita entre o anterior Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e o Ministerio de Educación de Brasil
(Publicado no BOE o 11-04-2008  )
 

Resultados: Proposta e Resolucións de concesión

Proposta da Comisión Mixta de Selección

PROGRAMA DE COOPERACIÓN INTERUNIVERSITARIA CON BRASIL PROPOSTA DA COMISION MIXTOS PROXECTOS DA CONVOCATORIA 2008 E RENOVACIÓN DE PROXECTOS DA CONVOCATORIA 2006

1) PROXECTOS DA CONVOCATORIA 2008
Unha vez reunida a Comisión Mixta realizouse unha proposta de aprobación e denegación de solicitudes de proxectos da convocatoria 2008.

Os proxectos propostos para concesión figuran no Anexo I  e propóstosos para denegación no Anexo II . Así mesmo, os proxectos que aparecen no Anexo III  non puideron ser considerados na reunión celebrada, ao non ser presentada por parte brasileira a correspondente solicitude ou foron desestimados por parte española por non cumprir os requisitos establecidos na convocatoria ou non achegar a documentación requirida no procedemento de emenda.

2) RENOVACIÓN DE PROXECTOS DA CONVOCATORIA 2006
A Comisión Mixta decidiu propor a concesión das solicitudes de renovación presentada, cuxa relación figura no Anexo IV .

As solicitudes que figuran no Anexo V  non puideron ser consideradas na reunión celebrada, ao non ser presentada por parte brasileira a correspondente solicitude, ou ser desestimadas polo motivo que se especifica.

Nos próximos días publicarase a resolución de concesión, en que se farán constar as axudas concedidas no marco de cada un dos proxectos aprobados pola Comisión Mixta. 

Resolución do 19 de decembro de 2008 , da Secretaría de Estado de Universidades por que se conceden axudas para a cooperación interuniversitaria con Brasil, ao abeiro do Convenio de cooperación subscrita co Ministerio de Educación de Brasil.
(Publicado no BOE o 12-01-09 ).

Resolución do 22 de decembro de 2008 , da Secretaría de Estado de Universidades, por que se conceden renovacións de proxectos para a cooperación interuniversitaria con Brasil, ao abeiro do convenio de cooperación subscrita co Ministerio de Educación de Brasil.
(Publicado no BOE o 12-01-09 ).

Resolución do 30 de marzo de 2009  da Secretaría de Estado de Universidades, por que se concede a renovación de dous proxectos para a cooperación interuniversitaria con Brasil, ao abeiro do convenio de cooperación subscrita co Ministerio de Educación de Brasil.
(Publicado no BOE o 25-04-2009 ).

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 16 de abril ata o 31 de maio de 2008.

Condicións xerais dos grupos de cooperación

Requisitos dos investigadores responsables e dos participantes

Modalidades dos proxectos conxuntos

Duración dos proxectos conxuntos

A duración dos proxectos conxuntos de cooperación (modalidade A) será de dous anos, podendo ser prorrogados por un novo período de dous anos, agás os proxectos para a organización de talleres e seminarios (modalidade B), cuxa duración será dun ano e non poderán ser prorrogados.

Data de inicio das actividades

A data de inicio das actividades será o 1 de xaneiro de 2009

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles