O Certame ARQUIMEDES convocado pola Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, ten como obxectivo fomentar o espírito investigador dos mozos estudantes universitarios mediante a concesión de premios a traballos de investigación. Os premios ARQUÍMEDES contan co apoio organizativo dunha Universidade anfitroa do Certame e sede da fase final, e coa colaboración do Consello Superior de Investigacións Científicas, así como de institucións públicas e privadas relacionadas coa investigación
Estudantes universitarios que se encontren cursando ou finalicen estudos de grao, licenciado, diplomado, enxeñeiro superior ou técnico, arquitecto ou arquitecto técnico nalgún centro español durante o curso 2009-2010 sempre que se trate do seu primeiro grao, licenciatura, enxeñaría ou diplomatura cursada.
Estar cursando ou finalizar estudos de grao, licenciado, enxeñeiro superior, arquitecto ou diplomado, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico nalgún dos centros españois en que se impartan titulacións oficiais, durante o curso 2009-2010, sempre que se trate do seu primeiro grao, licenciatura, enxeñaría ou diplomatura cursada. Excepcionalmente, para optar ao premio "Miguel Hernández" na especialidade de Filoloxía, poderán concursar alumnos matriculados en universidades estranxeiras e que cursen estudos de grao ou licenciatura de Filoloxía Hispánica.
Número de premios
A solicitude tén quese presentar telematicamente acompañada dos documentos electrónicos e físicos que se indican no apartado correspondente.
Os traballos consistirán en investigacións básicas ou aplicadas, proxectos de investigación en enxeñaría, arquitectura ou prototipos relacionados con calquera das materias científicas e tecnolóxicas contidas nos plans de estudo das universidades españolas. Deben ser orixinais e ser realizados polo autor ou os autores dos mesmos.
A participación pode facerse individualmente ou en equipos de ata tres membros.
Os participantes poden estar tutelados por un ou varios profesores de universidade ou científicos do CSIC ou OPIS
Os traballos serán avaliados por expertos en cada área científica e a selección realizaraa unha Comisión de Selección, que decidirá ata un máximo de 25 traballos para concorrer á fase final do Certame en que o Xurado emitirá o fallo. Para ampliar a información referente a este punto acceda a este documento
.
Non poderán participar aqueles que sexan finalistas en edicións anteriores do certame.
15 de abril de 2010
Orde EDU/1182/2010, do 19 de abril
, por que se corrixen erros na Orde EDU/925/2010, do 22 de marzo, por que convocan os premios do IX Certame Universitario "Arquímedes, de Introdución á Investigación Científica".
Orde EDU/2629/2010, do 20 de outubro
, por que se corrixen erros na Orde EDU/925/2010, do 22 de marzo, por que se convocan os premios do IX Certame Universitario "Arquímedes, de Introdución á Investigación Científica".
Relación de solicitudes admitidas a trámite, solicitudes pendentes de emenda e solicitudes excluídas.
Por Orde EDU/925/2010, do 22 de marzo, convocáronse os premios do IX Certame Universitario "Arquímedes", de Introdución á Investigación Científica.
Na o artigo 6 da mencionada Orde, dítanse instrucións sobre a emenda da documentación das solicitudes presentadas, indicandose que polo órgano instrutor efectuarase a relación provisional das admitidas e excluídas que se fará pública no taloleiro de anuncios, c/ S. Fernando del Jarama, 14-16 e na páxina web, con indicación da causa ou motivos de exclusión ou de emenda da documentación presentada.
Polas razóns expostas, esta Dirección Xeral fai pública nos anexos que figuran a continuación a relación de solicitudes admitidas a trámite así como a das solicitudes desestimadas e pendentes de emenda.
De conformidade co artigo 6.1 da convocatoria, a publicación destas relacións servirá de requirimento aos solicitantes para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte á publicación da mesma, ata o 20 de setembro inclusive, poidan efectuar a emenda con advertencia de que, se non o fixesen, se lle terá por desistida a solicitude, previa resolución ditada de conformidade co que se dispón no artigo 71.1 e 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Relación provisional de solicitudes admitidas a trámite, unha vez comprobado que reúnen os requisitos e achegaron a documentación requirida.
Relación provisional de solicitudes excluídas con indicación dos motivos ou causas de exclusión ou solicitudes que presentan falta ou deficiencias nos documentos presentados con indicación dos defectos que deben emendarse.Prazo e forma de efectuar a emenda
O prazo para emendar finaliza o 20 de setembro de 2010. Na devandita data pecharase o prazo de emenda vía web e os documentos físicos requiridos deberán ter entrada no Rexistro do Ministerio de Educación, C/ Los Madrazo, 15-17, 28071 MADRID ou ser presentados en prazo por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Posteriormente ao prazo de emenda indicada xa non será posible emendar os documentos, considerarase emenda fóra de prazo.
Indicacións para a emenda de documentación electrónica:
Indicacións para a emenda de documentación física:
A solicitude cubrirase telematicamente xunto a unha serie de documentos electrónicos e posteriormente o impreso de solicitude presentarase en papel xunto a uns documentos físicos. Prema aquí para acceder á guía para a presentación de solicitudes
.



As solicitudes enviaranse á Secretaría Xeral de Universidades, presentandoas directamente no Rexistro Xeral do Ministerio de Educación (C/ Los Madrazo, 15-17) ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas antes da súa certificación.
Orde EDU/3451/2010, do 17 de decembro
, por que se conceden premios e accésit aos traballos de investigación do IX Certame Universitario «Arquímedes» de introdución á investigación científica.
(Publicado no BOE de 5-1-2011)
Orde EDU/3333/2011, do 11 de novembro
, por que se concede o premio á mellor memoria científica no IX Certame Universitario «Arquímedes», de Introdución á Investigación Científica.
(Publicado no de B.O.E. 5-12-2011)
Subdirección Xeral de Formación e Mobilidade do Profesorado
C/ San Fernando del Jarama, 14-16
28071 MADRID





917459246 e 917459213
Fax: 917459236